Oportunidade:
Economía circular na práctica
A economía circular empuxa ás empresas para buscar, mediante novas tecnoloxías, aproveitamento aos subprodutos ou residuos que se xeran.
Que achega esta noticia?:
Exemplos de aplicación
Resumo:
Adrián é a cuarta xeración dunha familia que conta con carnicería e fábrica de embutidos neste concello da Mariña lucense e el aproveitou esa circunstancia. “Pechei o círculo, desde as nais ata o chourizo”, explica. “Lograr o círculo pechado non é fácil, moita xente téntao e fracasa pero eu tiña a vantaxe de que xa tiña as máquinas e a infraestrutura. O investimento, todo que fixemos na fábrica non compensaría só para o porco celta, sería inviable”
En moitas ocasións, infraestruturas e investimentos xa realizados permiten viabilizar produtos e explotacións que, doutra maneira, resultarían imposibles de executar.