As microalgas de AlgaEnergy destacan na COP25

Oportunidade:

Biotecnoloxía como ferramenta de transformación vexetal; Desenvolvemento da biotecnoloxía encamiñado ao estudo da diversidade microbiana para produtos de orixe vexetal.

Que achega esta noticia?:

Ideas para novos produtos

Resumo:

As microalgas poden xogar un papel fundamental para dar resposta aos tres grandes desafíos aos que se enfronta a nosa sociedade: o alimentario, o enerxético e o ambiental. Segundo AlgaEnergy, as microalgas son o sistema de biofijación de CO2 máis eficiente do planeta e fonte de alimentos de gran calidade e, de feito, foron catalogadas pola ONU como o ‘alimento do milenio’​.

O cultivo de microalgas pode converterse nun complemento de ingresos para as explotacións agrícolas e gandeiras, especialmente se se combina coa xeración de enerxía renovable para autoconsumo e o uso das microalgas tamén para alimentación animal.

Máis información

Deixa un comentario