ANPA CPI. San Román de Cervantes

A ANPA del CPI de Cervantes somos unha asociación que xurdiu no ano 2012 coa intención de loitar polo dereito dos nenos a unha educación de calidade e fronte aos recortes no ensino. A falta de nenos é unha consecuencia directa do continuo despoboamento do rural, non un problema illado. Entón plantexámonos a tarefa de dinamizar non só o entorno do colexio, si non todo o que fóramos capaces. O rural é todo o que nos rodea e todo é importante.

Nesta liña vimos organizando, ademais das actividades extraescolares, diversos eventos, entre eles: a “Feria de artesanía de Cervantes”, que este ano será a VIII edición e que organizamos con Concello; a “Festa da involución educativa”, imos pola VII, e que facemos sempre nun lugar emblemático de Cervantes; (no Castro de Santa María, no Castelo de Doiras…); as “Xornadas de xestión e productividade do monte” nas que organizamos co CDR Ancares, a cooperativa “A Carqueixa” e coa colaboración do Concello; as xornadas informativas “Os montes de Ancares:retos e futuro” coa cooperativa, o Concello e a Deputación de Lugo….

Pertencemos ao “Órgano de participación da Reserva da Biosfera Ancares Lucenses”, e colaboramos co “Colectivo Patrimonio de Ancares”, co que acabamos de conseguir que o Castro de Santa María sexa declarado BIC, e co o que estamos organizando diversas actuacións para valorizar a Vía XIX e todo o entorno arqueolóxico de Cervantes.

Pensamos que é importante, por nós e por os nosos fillos ,dar a coñecer e valorar todo o patrimonio cultural que temos (música, tradicións, paisaxe, arqueoloxía, historia…).

Páxina Web. CPI de San Román de Cervantes